miércoles, 10 de mayo de 2017

Un agasallo!

Agradecemos dende este blogue tamén ao CONCELLO DE SADA o seu fermoso agasallo, un lote dos libros que motivaron o seu SADA LE, no que agardamos os gustara e desfrutarades no mesmo Día do Libro.


Os podedes atopar xa expostos na nosa biblioteca e darémoslle bo uso a este emotivo agasallo.


MOITAS GRAZAS!!


Día do libro no noso centro.

Iremos colgando as nosas participacións en múltiples actos, días ... un non parar que tivemos estes días, estade ben atentos porque o noso cole esta preparando aínda máis.

Comezamos as novidades neste blogue, comentando que celebramos dun xeito moi especial o Día do Libro; toda esa semana estivemos lendo maravillosas obras de diferentes escritores e escritoras e interpretándoas para os nosos compañeiros, facendo a gustosa tarefa de CONTACONTOS.

Aquí tendes a lista de obras das que desfrutamos e coas que contamos na nosa biblioteca:

Os tres porquiños.
A toupiña que quería saber quen lle fixera eso na cabeza.
De Mondego ao bosque encantado.
El planeta Tierra está en peligro.
O coelliño branco.
¿Un perro, Bruno?
Carrapuchiña vermella.
Nicomedes o pelado.
Illas Cíes.
Borja y Pancete.
El ratoncito Pérez.
A nena de auga e o príncipe de lume.
Un cuento de mar.
La rosa y el dragón.
Poema de los transportes.
La giganta Eloísa.
Cantigas para durmir.
Me alquilo para soñar.
Canción del pirata.

Como vedes, é unha moi boa achega para conmemorar este día. En próximos días colgaremos o vídeo dalgún destes momentos.

Moitas grazas á tod@s os que estivestedes traballando para conmemorar este día tan importante para nós.
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOMONDEGO    FOTOS DA SEMANA