miércoles, 10 de mayo de 2017

Día do libro no noso centro.

Iremos colgando as nosas participacións en múltiples actos, días ... un non parar que tivemos estes días, estade ben atentos porque o noso cole esta preparando aínda máis.

Comezamos as novidades neste blogue, comentando que celebramos dun xeito moi especial o Día do Libro; toda esa semana estivemos lendo maravillosas obras de diferentes escritores e escritoras e interpretándoas para os nosos compañeiros, facendo a gustosa tarefa de CONTACONTOS.

Aquí tendes a lista de obras das que desfrutamos e coas que contamos na nosa biblioteca:

Os tres porquiños.
A toupiña que quería saber quen lle fixera eso na cabeza.
De Mondego ao bosque encantado.
El planeta Tierra está en peligro.
O coelliño branco.
¿Un perro, Bruno?
Carrapuchiña vermella.
Nicomedes o pelado.
Illas Cíes.
Borja y Pancete.
El ratoncito Pérez.
A nena de auga e o príncipe de lume.
Un cuento de mar.
La rosa y el dragón.
Poema de los transportes.
La giganta Eloísa.
Cantigas para durmir.
Me alquilo para soñar.
Canción del pirata.

Como vedes, é unha moi boa achega para conmemorar este día. En próximos días colgaremos o vídeo dalgún destes momentos.

Moitas grazas á tod@s os que estivestedes traballando para conmemorar este día tan importante para nós.
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOMONDEGO    FOTOS DA SEMANA

No hay comentarios: