jueves, 1 de junio de 2017

Lecturas colectivas do mes de maio


Este pasado mes de maio na nosa Biblio estivemos a conmemorar as Letras Galegas e a obra de Carlos Casares facendo unha serie de lecturas compartidas.
 Os alumnos e alumnas de segundo  leron o conto "Lolo anda en bicicleta", os de terceiro a célebre "A galiña azul" e rematamos cos maiores de 4º, 5º e 6º que nos puideron ler "O Principiño", traducido ao galego por Carlos Casares.

Xa rematadas as lecturas, colgaremos neste mes de xuño os vídeo dos nosos estupendos lectores e lectoras. Desfrutádeas!
LECTURAS COLECTIVAS A GALIÑA AZUL

LECTURAS COLECTIVAS O PRINCIPIÑO 1

miércoles, 17 de mayo de 2017

Ciencia na rúa


O día 6 de maio o noso centro participou na XXII edición da ciencia na rúa convocado pola Asociación de Amigos da  Casa das  Ciencias  e museos científicos.

Desfrutamos moito desta nova experiencia!

martes, 16 de mayo de 2017

Padlet de Carlos Casares







Clikando no seguinte link podedes saber mais cousiñas de Carlos Casares Mouriño, a quen adicamos este ano o Día das Letras Galegas na nosa comunidade.


PADLET DE CARLOS CASARES





miércoles, 10 de mayo de 2017

Un agasallo!

Agradecemos dende este blogue tamén ao CONCELLO DE SADA o seu fermoso agasallo, un lote dos libros que motivaron o seu SADA LE, no que agardamos os gustara e desfrutarades no mesmo Día do Libro.


Os podedes atopar xa expostos na nosa biblioteca e darémoslle bo uso a este emotivo agasallo.


MOITAS GRAZAS!!


Día do libro no noso centro.

Iremos colgando as nosas participacións en múltiples actos, días ... un non parar que tivemos estes días, estade ben atentos porque o noso cole esta preparando aínda máis.

Comezamos as novidades neste blogue, comentando que celebramos dun xeito moi especial o Día do Libro; toda esa semana estivemos lendo maravillosas obras de diferentes escritores e escritoras e interpretándoas para os nosos compañeiros, facendo a gustosa tarefa de CONTACONTOS.

Aquí tendes a lista de obras das que desfrutamos e coas que contamos na nosa biblioteca:

Os tres porquiños.
A toupiña que quería saber quen lle fixera eso na cabeza.
De Mondego ao bosque encantado.
El planeta Tierra está en peligro.
O coelliño branco.
¿Un perro, Bruno?
Carrapuchiña vermella.
Nicomedes o pelado.
Illas Cíes.
Borja y Pancete.
El ratoncito Pérez.
A nena de auga e o príncipe de lume.
Un cuento de mar.
La rosa y el dragón.
Poema de los transportes.
La giganta Eloísa.
Cantigas para durmir.
Me alquilo para soñar.
Canción del pirata.

Como vedes, é unha moi boa achega para conmemorar este día. En próximos días colgaremos o vídeo dalgún destes momentos.

Moitas grazas á tod@s os que estivestedes traballando para conmemorar este día tan importante para nós.
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOMONDEGO    FOTOS DA SEMANA

jueves, 27 de abril de 2017

Feira matemática

 O día 22 de abril, como ven sendo habitual na nosa comunidade, participamos na XI  feira matemática celebrada en Palexco e convocada pola Asociación Galega de Profesorado de mtatemátia (AGAPEMA)  na Coruña.   
                     

lunes, 24 de abril de 2017

Semana moi especial na BIBLIOMONDEGO!





















Na nosa biblioteca estamos de celebración esta semana, este domingo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
e ímolo celebrar grupalmente na nosa animada biblioteca. Estades todos convidados a desfrutar con todos os nosos libros e lecturas que estamos xa amosando, algún deles están relacionados con SADA LEE, que se celebrou onte cun gran éxito, como xa sabedes e moitos participástedes.




Contamos tamén cunha pequena mostra na estantería da entrada.





Deixámosvos un interesante enlace á paxina do dia do libro.

https://www.diadellibro.eu/


martes, 4 de abril de 2017

Día Mundial da Literatura Infantil 😁




Se a semana pasada, desfrutamos dunha pequena mostra de teatro para celebrar o Día Mundial do Teatro... 

O día 2 de abril, o pasado domingo, foi o Día da Literatura Infantil e podedes desfrutar na biblio dunha pequena mostra ben coidada polo noso Maxín. 


Agardamos desfrutarades do día e podedes seguir disfrutando na nosa biblio sempre que desexedes soñar cos clásicos ou non tan clásicos. 

Deixamos o enlace do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2016/abril/observatorio/diaLIJ2016.html 


😁Estade ben atentos que na biblomondego andamos todo o día a rebulir!!!  😏🙌

viernes, 24 de marzo de 2017

Recomendacións de lecturas

Miguel e Estela fannos unhas recomendacións moi interesantes de dous libros que podedes atopar na nosa biblioteca.


video


lunes, 20 de marzo de 2017

Día Mundial da Poesía.



«A poesía é unha fiestra á diversidade excepcional da humanidade». 
Irina Bokova




O 21 de marzo, celébrase en todo o mundo o Día da Poesía. Nós, dende a biblioteca de Mondego preparamos unha pequena exposición e queremos adicarvos unha pequena poesía de Gloria Fuertes, na que neste ano tamén conmemoramos o seu centenario e que adicou tanta vida aos versos para a nosa infancia. 





PARA DIBUJAR UN NIÑO
HAY QUE HACERLO CON CARIÑO.
PINTARLE MUCHO FLEQUILLO
QUE ESTÉ COMIENDO UN BARQUILLO-,

MUCHAS PECAS EN LA CARA,
QUE SE NOTE QUE ES UN PILLO
-PILLO RIMA CON FLEQUILLO
Y QUIERE DECIR TRAVIESO-.

CONTINUEMOS EL DIBUJO:
REDONDA CARA DE QUESO.

COMO ES UN NIÑO DE MODA,
BEBE JARABE CON SODA.

LLEVA PANTALÓN VAQUERO
CON UN HERMOSO AGUJERO;

CAMISETA AMERICANA
Y UNA GORRITA DE PANA.

LA BOTAS, DE FUTBOLISTA
-PORQUE CHUTANDO ES UN ARTISTA-.
SE RÍE CONTINUAMENTE
PORQUE ES MUY INTELIGENTE.

DEBAJO DEL BRAZO, UN CUENTO,
POR ESO ESTÁ TAN CONTENTO.
PARA DIBUJAR UN NIÑO
HAY QUE HACERLO CON CARIÑO.

(GLORIA FUERTES)




Recomendacións de lecturas 5

Os nosos alumnos e alumnas de 2º de primaria volven a recomendarnos os seus libros. Desta vez Lucía, Ánxela e Iago fálannos de...


martes, 7 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller Traballadora.




Con motivo de conmemorar este día, na biblioteca contades cunha exposición de obras desta temática e de autoras moi importantes e grandes defensoras deste día. 

Agardamos desfrutedes con nós. 😃












Recomendacións de Lecturas 3 e 4. Alumnos de 2º de Primaria

Iker Graña, Luis, Celia, Nicolás e Miguel Vázquez queren compartir con nós os últimos libros que leron, agardamos que vos gusten:





EXCURSIÓN AO TEATRO EN SADA

O xoves 2 de Marzo os alumnos e as alumnas de 2º e 3º de educación primaria fumos ver unha obra de teatro á Casa da Cultura de Sada, nela disfrutamos moito, fixemos maxia, cantamos e bailamos co trasno Floripondio e a mestra Tomasa Que che Pasa. Compartimos con vós a nosa experiencia:



miércoles, 15 de febrero de 2017

Que chega o ENTROIDO!



O Entroido é unha festa popular que significa “entrada” ou “comezo” da primavera e o rexurdimento da vexetación. 


O Entroido presenta certo aspecto de “mundo ao revés”, mais na biblioteca seguimos coas cousas ben ordenadiñas. Nestes días estarán a vosa disposición unha mostra na libraría da entrada de libros que tratan desta festa que en Galicia celebramos por todo o alto e no noso cole non pode ser doutro xeito. 


miércoles, 18 de enero de 2017

DÍA DA PAZ



Imos celebrar esta data de moitos xeitos e xa estamos cocendo algo moi bo todos xuntiños. 

 Asemade na bibliomondego tamén desexamos amosar unha pequena mostra de libros.